O café A Conga de Santiago programa noites de lectura pública de poesía e prosa

Café literario

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

No Café A Conga comezará a semana que ven o programa Martes en verso, xoves en prosa. Trátase dunha invitación ao público en xeral para que lea en alta voz as súas propias creacións literarias en sesións abertas a todos. De sete a dez da noite os días que se indican, quen vaia ao local poderá facer partícipe ao auditorio da súa creatividade literaria sobre calquera xénero e en calquera idioma. A iniciativa pretende recuperar o ambiente literario que tivo durante moitos anos a cidade do apóstolo, sobre todo no seu casco histórico. Está prevista a publicación dun volume cos textos de todos os participantes unha vez que o programa teña avanzado.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Xénero, Apóstolo, El Correo Gallego

Claves

Entidades