Unha homenaxe no Panteón de Galegos Ilustres o pasado domingo abría os actos de conmemoración do Día de Rosalía. No entanto, será este 24 de febreiro, cando se cumpren os 180 anos do seu nacemento, cando todo o país acollerá unha multitude de actos en lembranza da autora. A Real Academia Galega iniciou onte as conmemoracións cun acto poético e musical no que participaron Roi Casal, Rosalía F. Rial, Ánxeles Penas, Marilar Aleixandre, Salvador García-Bodaño e Luz Pozo. Canda a estes, ao longo da semana diferentes concellos e entidades están a se sumar á lembranza situando en lugares públicos versos de Rosalía.
Desde a Fundación que leva o nome da poeta, hoxe presentan o primeiro número da revista Follas Novas, e mañá reparten entre Compostela e Padrón a súa axenda, que inclúe un acto institucional no Hostal dos Reis Católicos e un concerto de Ialma. Tamén en Compostela se celebrou esta mañá a homenaxe da Deputación da Coruña, ante a estatua a Rosalía situada na Alameda. No evento distribuíuse o libro Quen fora pedra que recolle unha investigación de Miguel Anxo Seixas sobre a historia deste monumento. Boa parte das actividades que se están a ver nestes días intégranse nas propostas que realizou a Asociación de Escritores en Lingua Galega baixo o lema RosalíaTe. Deste xeito, lecturas públicas, ofrendas florais, un concurso de videopoemas ou a iniciativa de agasallar libros en galego e flores fan parte desta iniciativa.
Fóra do país, o Centros de Estudos Galegos súmanse á efeméride coa iniciativa Rosalía Universal, pola que estudantado de galego de diversas universidades europeas e americanas enchen a rede con lecturas e interpretacións de poemas.