A OSG e Quico Cadaval levarán o mar ao Palacio da Opera

En "Historias do Mar" ofrécese unha experiencia musical e narrativa asomada a lendas e imaxes mariñas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A OSG e Quico Cadaval levarán o mar ao Palacio da Opera

A Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Diego García Rodríguez presenta unha nova proposta didáctica dentro do seu programa educativo Son Futuro baseada nun dos pilares da vida do noso país: O Mar. Coa colaboración do actor Quico Cadaval a OSG perseguirá a creación de públicos para á música lírica e clásica usando para iso a obertura de O holandés errante de Richard Wagner e os Catro interludios mariños de Benjamin Britten, unha obra do século XX na que se describe o mar en diferentes situacións. Varias representacións didácticas para escolares e unha de Concertos para a familia este venres ás 18 horas no Palacio da Ópera da Coruña ofrecerán este programa de temática mariña . Quico Cadaval fará a narrativa dramática da interesante lenda do buque pantasma de O Holandés errante e tamén, despois de cada un dos interludios, trasladará ao público á beira do mar partindo das imaxes mitolóxicas e as aventuras de piratas ata chegar a unha descrición de situacións cotiás das xentes do mar. A OSG elaborou unha guía didáctica para estas representacións orientada ao público máis cativo.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

No interior da Ópera

Quico Cadaval dános as claves da nova produción do Centro Dramático Galego

Momento spa

Momento spa

Manuel Lourenzo e Quico Cadaval xuntos na nova produción do Centro Dramático Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Quico Cadaval, OSG, Narrativa, Orquestra Sinfónica de Galicia...