Nunha concorrida rolda de prensa, diferentes institucións como a ConsellerÃa de Cultura, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega ou a Fundación Carlos Casares, entre outras, presentaron a programación conxunta que homenaxeará a figura de Carlos Casares co gallo do DÃa das Letras Galegas. A programación contará con cinco exposicións (unha escolma do seu fondo na Biblioteca de Galicia, unha sobre o Principiño, outra sobre a fotografÃa, o deseño das portadas dos seus libros e unha exposición central coa súa vida e obra), roteiros, lecturas públicas, documentais audiovisuais, concertos e unha chea de cousas máis.
Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega presentou tamén as súas actividades vinculadas á memoria de Carlos Casares para este 2017.
Concerto das Letras
O tradicional concerto das letras do CCG celebrarase en dúas datas: o 16 de maio no Auditorio de Ourense e o 19 de maio no Auditorio de Santiago de Compostela. Tratarase dunha actuación da Filarmonia de Galicia e o Coro xove da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, na que se intepretarán diferentes obras sobre textos de autores galegos ou de temática galega. Entre eles, estrearase a obra “Formiga” de Rubén Vizcaino sobre un texto do libro “A galiña azul de Carlos Casares”.
Simposio Carlos Casares 2017
O CCG organizará tamén o 16 e 17 de novembro un simposio organizado polo Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Fundación Carlos Casares. Na sesión analizarase o seu papel como, intelectual público, intermediador cultural e na proxección exterior da cultura galega.
Publicacións multimedia
A maiores, o CCG realizará publicacións en diferentes formatos, orientadas a amosar o perfil poliédrico de Casares e a súa capacidade para chegar a diferentes públicos. Na tradicional publicación conmemorativa do DÃa das Letras Galegas, o CCG realizará unha edición de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, e tamén a edición dun CD-Audio a partir das gravacións coa voz de Carlos Casares. Ao mesmo tempo, o CCG dispoñibilizará recursos en rede nos seus webs, poñendo a disposición do público numeroso material da institución ao redor de Carlos Casares.