A RAG celebrará unha homenaxe a Sebastián Martínez-Risco

Será o 1 de febreiro na sede da Academia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Sebastián Martínez-Risco foi xurista e presidente da Real Academia Galega. Este ano cúmprense corenta anos do seu pasamento e para celebralo realizan un acto aberto ao público en colaboración coa Irmandade Xurídica Galega no que se glosará a súa figura e relevancia. O acto, no que participarán investigadores e membros da familia do autor, realizarase a partir das 19.30 horas, o mércores 1 de febreiro. Segundo a RAG, "Martínez-Risco soubo levar as rendas da Academia en tempos complicados imprimíndolle dinamismo e incrementando a súa proxección pública".

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sebastián Martínez-Risco, Real Academia Galega

Claves