Alex Cal debuxará Nick Fury para Marvel

Fernando Llor presenta Ojos grises e anuncia novos proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Alex Cal debuxará Nick Fury para Marvel

A carreira do vigués Alex Cal continúa en Estados Unidos con novos proxectos. Nesta ocasión o debuxante deu a coñecer varias páxinas de mostra de Nick Fury, a nova serie na que está a traballar para Marvel e que verá a luz ovindeiro mes de abril. O galego traballa nesta ocasión sobre guións de James Robinson para recrear un personaxe icónico do universo Marvel cunha aposta pola psicodelia e un uso moi creativo da cor.

Outro vigués, o guionista Fernando Llor, está estes días a presentar en Galicia o seu último traballo. Ojos grises, un álbum de 64 páxinas que viu a luz o pasado mes de decembro da man de Panini Cómics, é unha historia ambientada no barcelonés Poble Nou no tempo inmediatamente anterior á Olimpiada. O traballo conta con debuxos de Roger Vidal e con cor de Alex Batlle. Llor está a ultimar ademais Sangre en el suelo, unha banda deseñada de xénero negro na que pon o argumento e traballa con oito autores diferentes. Logo de completar con éxito unha campaña de crowdfunding, o volume verá a luz da man de The Rocketman Project. Ademais, o autor acaba de se incorporar ao cadro de persoal da escola de BD O Garaxe Hermético de Pontevedra como responsable das clases de guión.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Estados Unidos, Xénero, Banda deseñada...