Con todas as entradas vendidas anda estes dÃas Pablo DÃaz a presentar Tic tac toc, o seu cuarto disco. De novo os máis pequenos protagonizan este libro-CD que sae da man de Galaxia na colección Sonárbore. Temas como No San Xoán, Queremos galego, O mundo máxico de Antón ou Señor gato amosan a capacidade de DÃaz de explorar novos ritmos. Folclore de diferentes lugares do ritmo mestúrase con ska, country ou rock nos distintos temas para os que DÃaz se acompaña dunha banda na que participan nomes como Olga Kirk, Diego Barral, Antón DÃaz, Carlos Freire e colaboracións puntuais dos irmáns Tinaquero, Xabier DÃaz ou Tito Calviño, todo envolto nas ilustracións de Almudena Aparicio.