Trinta e cinco anos despois do seu primeiro concerto a banda Siniestro Total celebra aniversario con evento e disco. A Sala La Iguana de Vigo acollerá a semana que ven unha cita duplicada que xa ten as entradas esgotadas nas súas dúas datas do día 27 e o día 28 para este concerto de celebración no que ademais xa se agarda que esté dispoñible e a venda alí mesmo o seu novo disco, un vinilo de 10 pulgadas, El mundo da vueltas, o mesmo nome que a xira coa que xa estiveron este ano e coa continuaran en vindeiras datas. Siniestro Total comezou a súa andadura musical en decembro de 1981 cando os músicos da formación orixinal que daquela se chamaba Mari Cruz Soriano y los que le afinan el piano tiveron un accidente de circulación tras do que decidiron cambiar o nome polo actual e referencia ao estado no que quedou o automóbil. A banda esta formada inicialmente por Julián Hernández, Miguel Costas, German Coppini e Alberto Torrado. Tras moitos cambios ao longo dos anos dDesa formación só queda na actualidade Julián Hernández ao que acompañan Javier Soto (que leva desde 1985), Ángel González, Jorge Beltrán e Oscar G. Avendaño. O seu primeiro disco foi Cuando se come aquí? (DRO, 1982)