Primeira canción e videoclip do disco en solitario co que Miguel Costas volve a escena musical

Foi membro fundador e voz de Siniestro Total durante máis de dez anos

22/8/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Miguel Costas, membro fundador e compositor de parte do repertorio máis coñecido de grupos como ”Siniestro Total” , ”Aerolíneas Federales” ou ”Los Feliz” xa ten a piques de saír o seu primeiro disco en solitario “Condenados a Costas” que ven sendo o número 17 da súa carreira e que estará á venda o 13 de outubro. O músico volve á escena musical despois de catro anos de silencio tras rematar con Los Feliz e das súas actuacións con A banda Turca. No seu novo disco, editado pola discográfica independente G. Domani Records, Costas ofrece himnos rock & roll no estilo que tantos éxitos le supuxo na súa etapa con Siniestro Total, o seu primeiro sinxelo é a canción “Baja el pantalón” que xa se pode escoitar e da que hai gravado un videoclip no que aparecen moitos veciños do músico da localidade de Escairón, onde vive actualmente. Acompañado dos músicos Juan Naya, Landy e Tony, Miguel Costas iniciará o vindeiro 30 de agosto en Vilalba a xira 2008-2009 na que tamén está prevista unha actuación nas Festas de San Froilán en Lugo xunto cos vigueses Def Con Dos.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Siniestro Total, Rock, Vilalba, Lugo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares