Siniestro Total presenta o seu novo traballo Country & Western

Trátase do décimo oitavo disco na súa traxectoria de case trinta anos

14/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Desde hoxe mesmo xa está nas tendas o novo disco de Siniestro Total Country&Western. Trátase do décimo oitavo LP da banda desde os seus inicios fai case trinta anos como referente do punk rock en Galicia. O disco foi gravado en Houston baixo a produción de Joe Hardy, que ten traballado con grupos como ZZ Top. Country & Western ofrece en 15 temas un paseo por este xénero musical estadounidense e inclúe un tema en galego, Quen me dera na casiña. En declaracións á axencia EFE os membros da banda aseguraron que está era o disco no que máis teñen falado de Galicia nas súas letras. O álbum sairá tamén en vinilo e o primeiro concerto de presentación terá lugar o 1 de outubro en Getafe (Madrid) no Macrofestival en Vivo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Siniestro Total, Xénero, Rock, Madrid

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares