Quiosco: Glaucopis número 21

Nova publicación do Instituto de Estudios Vigueses

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Instituto de Estudios Vigueses vén de publicar o número 21, correspondente a 2016, da revista Glaucopis, na que achegan diferentes estudos sobre arqueoloxía, arte, historia ou arquitectura. Desta volta, entre outros moitos artigos, César González Crespán propón unha nova interpretación da vía romana XX "Per loca maritima", Antonio Alonso fala dos proxectos urbanos e as transformacións da zona da Porta do Sol en Vigo ao longo do século XX ou Ramón Patiño estuda os ataques piratas e militares fallidos na ría de Vigo durante os séculos XVI-XVIII. Por outra banda, o Instituto de Estudios Vigueses incorporou nove membros novos: Antonio Vaamonde, Beatriz Bruna, Beatriz M. de San Ildefonso, Jorge Lamas, José Luis Mateo, José Ramón Cabanelas, Manuel Bragado, María Dolores Elena Durán y Carlos Núñez, contando con case unha trintena de membros.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Lamas, Carlos Núñez, Manuel Bragado, Piratas...