O Instituto de Estudos Vigueses tira un novo número do seu boletín

A entidade corre un serio risco de desaparecer pola suspensión de apoios públicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Sen saber se será a derradeira entrega, os membros do Instituto de Estudos Vigueses presentaban onte o número 16 do boletín Glaucopis. A entrega bate marcas cos seus contidos, 700 páxinas e 22 estudos que van desde a historia á toponimia ou a arquitectura. O vindeiro mes de decembro fina o alugueiro da sede que ocupa esta institución sen que polo momento se teña verificado o compromiso do Consello de conseguir unha nova ubicación para a entidade. Para alén, a retirada de apoio económico da Fundación Provigo está a pór en serios apuros a continuidade do Instituto.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura

Claves

Conceptos