A axencia creativa, de representación e promotora musica Esmerarte, xunto co produtora Zinqin veñen de comezar a produción para a plataforma Flooxer da serie Sesión Persoais: Coñeces ao artista, descubre a persoa, un formato de curtametraxes documentais de achegamento a coñecidos músicos do panorama nacional. As empresas viguesas desenvolveran este produto ante a solicitude da plataforma de Atresmedia para dotar de contidos ao seu novo espazo FlooxMusic . Sesións Persoais é un retrato audiovisual que explora o lado máis Ãntimo de recoñecidos músicos. Son curtas documentais nas que os espectadores poderán coarse na casa de Iván Ferreiro, sentarse na barra dun bar co rapeiro Kase. O, coñecer as mascotas dos integrantes de Lori Meyers. Todo isto mentres a cámara segue os detalles do cotián que conforman as súas rutinas diarias. As dúas empresas viguesas xa fixeran desde o ano 2009 por iniciativa propia e fins promocionais unha serie de 60 vÃdeos chamada Sesións Lixeiras, colocando a artistas a tocar en directo en contextos atÃpicos lonxe de escenarios e gravados nunha única toma dun xeito o máis natural posible . O éxito deste formato levou á plataforma Flooxer a solicitar das empresas galegas algunhas daquelas Sesión Lixeiras para engadilas e ademais encargáronlles a produción desta nova serie de contidos .
Para o realizador das pezas, Alberto Baamonde, de Zinqin, o feito de que Flooxer lles ofrecese a posibilidade de levar a cabo estas producións foi "unha gran alegrÃa porque é un formato ao que lle tiñamos moito cariño e que tivemos que deixar de lado porque non nos ofrecÃa una rendibilidade suficiente como para poder compaxinalo co traballo diario." Alberto Baamonde, director da longametraxe Cocinando en el fin del mundo, dirixe as Sesións Persoais que non dubida en cualificar de "contido premium, moi gourmet. Non deixan de ser pequenos documentais de media hora de algúns dos grandes artistas españois", di . As Sesións fanse sen un guión preestablecido, creando un ambiente de confianza cun equipo reducido e dándolle valor ao cotián. "A idea é estar un ou dous dÃas co artista e facer un seguimento do que fai", asegura Baamonde, "buscamos unha escusa, un contexto. Nun caso son os dÃas de promoción dun disco, noutro unha viaxe para apadriñar un concurso ou seguÃndoo polo seu barrio." Sobre a reacción do público Alberto Baamonde cre que o formato vai resultarlles moi interesante porque "por una parte dálle ao fan un contido distinto e inédito do artista pero por outra parte, o ton e o enfoque fai que xente que non ten previamente interese polo artista se pare a coñecelo máis".
Trailer de Sesións personais