"Minilibros para soñar" a colección de contos de Kalandraka para o Nadal

Sete contos...sete soños

Son sete, son contos e están pensados para nenos. Son os "Minilibros para soñar". A última aposta editorial de Kalandraka edicións que continúa coa súa aposta por acercar a literatura ós máis pequenos. Estes minilibros recollen os mellores contos publicados noutros títulos, algúns moitos deles premiados para ofrecer un viaxe para os máis pequenos pola literatura.

Libros de soño


"O coelliño branco", "O Pito Cairo", "As fabas máxicas", "A cebra Camila", "Mateo", "Cando Martiño tivos ganas de mexar na noite de Reis" e " "O gato Guille" son os protagonistas dos "Minilibros para Soñar". A última aposta de Kalandraka edicións e que dende o pasado 17 de decembro que saíu ó mercado, xa leva vendidos máis de 1.250 exemplares.












Para os nenos



O día 2 de abril de 1998 naceu en Pontevedra a editorial Kalandraka, un proxecto editorial que pretendía iniciar ós maís cativos no mundo de literatura. E faríao presentando unha colección de libros para nenos, baseados en contos e en relatos curtos. Un cometido que anos máis tarde xa levan acadado. E fixérono con diversos premios, xa que 7 dos seus títulos aparecen incluídos nos 35 mellores álbumes do ano. Uns galardóns outorgados, tanto polos libreiros cataláns como por diferentes revistas do mundo literario. Ademais de recibir o Premio Nacional de Ilustración do Ministerio de Cultura no 1999 por "O coelliño branco" , elaborado por Óscar Villán, e que aparece incluído no álbume "Minilibros para soñar".