Contos Estraños Editora busca oco para a literatura pulp en Galicia

O proxecto preséntase o vindeiro sábado 26 en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de Contos Estraños 0

Capa de Contos Estraños 0

Publicar volumes colectivos de relatos curtos na liña da literatura pulp americana de comezos do século XX. As historias fantásticas e de terror en galego teñen cabida en Contos Estaños Editora. O proxecto, que se presenta o vindeiro sábado 26 ás 21 horas no Pub Tatooine de Santiago de Compostela, arrinca con dúas liñas editoriais. Por unha banda, Contos Estraños Pulp, unha serie de libros colectivos de obras curtas da que se presentará o número 0, Amañeceres Estraños. Pola outra, anuncian Contos Estraños para Nenos Friquis que lanzará "contos ilustrados para nenos de temática desenfadada e paródica" da "subcultura denominada comunmente “friqui”". A primeira entrega desta serie sairá nas vindeiras semanas co título Apalpador vs. Papá Noel.

Tomás González Ahola, coordinador de Urco Editora e mais Fernando M. Cimadevila, autor de O mundo secreto de Basilius Hoffman: O Ladrón de Soños, son os responsables da aventura editorial que agora comeza. A súa intención é "normalizar o panorama da literatura fantástica en lingua galega" e buscar a "promoción de autores e ilustradores do país", especialmente na produción de obras de narrativa breve e de traballos colectivos.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Literatura, Santiago de Compostela, Narrativa...