Furious Monkey House xa ten libro de seu sobre os seus inicios

O fenómeno arredor do grupo de rock infantil de Pontevedra chega ás librarías

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa do libro

Capa do libro

A banda xuvenil pontevedresa Furious Monkey House, formada por cinco rapaces e rapazas de entre 9 e 13 anos, acompañados ao baixo por un único adulto seguen a conseguir proxección, desta volta coa edición dun libro no que ofrecen aos seus cada vez máis seguidores un relato que permite mergullarse no universo musical do grupo, coñecendo as súas orixes, a súa historia, estilos, curiosidades e por suposto, aos membros da banda. Furious Monkey House. Corre, mono, corre é o título do libro editado por Planeta na colección Cúpula que sae hoxe a venda en librerías e plataformas dixitais de toda España co obxectivo claro de converterse nun agasallo este Nadal para os igualmente xuvenís seguidores do grupo. Un libro de 208 páxinas, ameno e pedagóxico, con xogos e actividades: cómo aprender a tocar as súas cancións coas letras en español e inglés. O volume contén ademais 40 páxinas de ilustracións da banda e debuxos dos personaxes da narración sobre os seus inicios: conta en clave de banda deseñada a historia de Monkey, cómo se converteu nun mono sabio, tolo e furiosos loitando contra a malvada Ilsa Atchung coa axuda do seu amigo o indio Tomahawk. As ilustracións corren a cargo do pontevedrés Santiago Paredes , que para os textos comparte a responsabilidade co xornalista Rodrigo Cota e o único adulto da banda, Gonzalo Maceira.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Pontevedra, Rodrigo Cota, Gonzalo Maceira...

Claves

Lugares