A campaña Que o verso baixe á rúa leva o XIII premio Luísa Villalta

O galardón recoñece iniciativas normalizadoras

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A XIII edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, que convocan os servizos de normalización lingüística da stres universidades e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten xa gañador este ano. O xurado deste certame acordou galardoar a campaña Que o verso baixe á rúa de Patricia Carballal Miñán, Estefanía Mosquera, Mª Montserrat Muriano, Iria Sobrino e Roberto Suárez, docentes da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, na categoría de Premio a una idea para a promoción do galego. O xurado valorou "a rigorosidade técnica e normalizadora da proposta, a súa potencialidade para favorecer e visibilizar a reflexión sociolingüística, a capacidade de ampliar esta idea a outras disciplinas universitarias, a súa incidencia positiva na galeguización da paisaxe e o aproveitamento da intervención artística nos espazos públicos para os obxectivos de promoción do uso social da lingua propia de Galicia". Ao tempo, o xurado deixou deserto o certame na categoría de Deseño dunha campaña normalizadora. En total participaron no certame, dotado con 800 euros no primeiro caso e 1.200 no segundo, seis proxectos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luísa Villalta, Paisaxe, Normalización Lingüística, Política Lingüística...