O veterán fanzine de Porriño "Comikaze" sacou à luz durante o mes de febreiro o seu sexto número, un "Especial o Ghuevo" no que a maior parte das historias e relatos xiran arredor deste elemento.
Así, podemos atopar historias coma "Saving egg Ryan" de Serxio Covelo, " La ida de huevo", unha curiosa versión de "Matrix" a cargo de Javier Vidal ou "Fillo de pita", do coruñés Javi Prieto (que podes ler na nosa galería).
A calidade en xeral é bastante boa, con autores realmente destacados coma Daniel Fontenla, os irmáns Covelo, A. Urbano, Eloy e Javi Prieto entre outros. Ademais dos xa mentados, este número contén traballos de Jule, Isidoro , Penabella e Moncho, e relatos e poemas de Manolo e Medio, Moisés Álvarez, Montse Davila , Seve e Rubén Campos, e seccións de novidades de música, cine e banda deseñada onde se repasan as novidades do IV Salón de Cangas e do último "Viñetas desde o Atlántico".
A entrevista de autor deste número é protagonizada por Isidoro, que explica con moito humor as súas influencias e o seu estilo. Resumindo, un dos fanzines máis destacado que se pode atopar hoxe en día en Galicia, e no que participan algúns dos autores que máis darán que falar. Imprescindible.
Para porse en contacto con "Comikaze" pódeselle escribir a
Comikaze
R/ Coruña nº5 baixo
CP 36400
O Porriño Pontevedra
Ou enviarlles un correo a:
comikaze@latinmail.com
comikaze@ozu.es