Lánzase o novo número do fanzine do Porriño, unha das publicacións máis veteranas da BD galega.

Máis Comikaze, ¡e de balde!

Javi Prieto, Hugo Covelo e Sergio Covelo son só algúns dos moitos autores que contribúen ao novo número do veterán fanzine, que ademais agora é gratuíto.

Vimos de coñecer o lanzamento dun novo número dunha das publicacións máis veterana da BD galega. O "Comikaze" alcanza o número sete pasando ó formato revista. Ademais, os cincocentos exemplares que se tiran deste número distribuiranse gratuitamente, unha boa noticia para os afeccionados á BD do país. No interior atopamos traballos dalgúns habituais coma Javi Prieto (que tamén asina a portada), Hugo e Sergio Covelo (que presenta unha versión de "Braveheart" protagonizada por ovos), Daniel Fontenla, Penabella ou Isidoro entre outros.



Coma sempre, á banda deseñada acompáñana poemas, relatos, fotografías, críticas e ilustracións coma as de Emma Ríos. Tamén se pode ler unha interesante entrevista na que Javi Prieto explica as súas influencias e o xeito de traballar.
Segundo os seus promotores, a colaboración do Concello do Porriño foi imprescindible para que este número puidese sair á rúa de balde.
O fanzine preséntase o 26 de setembro cunha festa-concerto doe Rack Eterno Indeleble no pub porriñés Tubul Art.
Unha publicación imprescindible na que se mesturan autores consagrados no país con novos valores.



Para porse en contacto con "Comikaze" pódeselles escribir a

Comikaze

R/ Coruña nº5 baixo

CP 36400

O Porriño Pontevedra



Ou enviarlles un correo a:

comikazemail@yahoo.es



Na páxina web do fanzine podes coñecer a historia da publicación e ver traballos de números anteriores

Páxinas de Comikaze

Páxinas de Comikaze

Páxinas de Comikaze

Páxinas de Comikaze

Páxinas de Comikaze

Páxinas de Comikaze

Páxinas de Comikaze

Páxinas de Comikaze