Un novo centro bibliotecario súmase aos que están a traballar no noso paÃs arredor da BD. A biblioteca de Porriño abre con mil volumes unha comicteca coa que pretende “darlle o recoñecemento que se merece a este xénero literario-artÃstico”. A totalidade da produción galega canda ao máis representativo da internacional forman estes fondos. En breve está previsto que comece as súas actividades un club de lectura tamén dedicado á BD a partir deste centro. Unha festa cosplay (disfraces de personaxes manga) o vindeiro dÃa catorce inaugurará este departamento ás sete e media da tarde. Na seguinte semana, entre os dÃas 17 e 24 de setembro, o debuxante Juancho Castaño, do fanzine ”Comikaze”, impartirá un obradoiro de BD. Unha exposición sobre os fondos da comicteca e outra sobre a nova revista BD Banda completan o programa de actos desta inauguración.
Máis información no
blog da Biblioteca