Un xurado constituÃdo por Andrea Maceiras, Conchi Regueiro, MarÃa Dores Fernández López, Marica Campo e MarÃa Belén Löpez Vázquez concedeu por unanimidade o sétimo premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra Denébola a Roxa de Héctor Cajaraville. O autor farase con 2.500 euros e a edición da obra. Segundo o xurado: "Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, ambientada no século XVII que relata o desafÃo dunha muller afouta nun mundo de homes. A protagonista, Denébola, que comparte nome coa estrela máis brillante da constelación de Leo, loitará pola procura dun destino máis luminoso que o que seu pai elixiu para ela. Marcada desde o nacemento pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, tentará rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas da súa propia vida."