Decorado de Alberto Vázquez competirá nos Goya tras gañar o 3d Wire

Juan Hervella-Rego leva a súa curta Share o no Share ao festival de cine de acción de Nova York

A curtametraxe de animación Decorado, de Alberto Vázquez, segue recollendo galardóns no seu camiño cara o Goya. O festival 3d Wire de Segovia outorgoulle o Premio ao mellor corto nacional na súa recente edición. Vázquez, gañador dun Goya en 2012 por , consegue a preselección directa para os Premios Goya polo galardón de Segovia. O Festival 3d Wire é é unha das máis potentes plataformas do mercado de animación, videoxogos e new media de España, con sona a nivel europeo. Decorado obtiña este días o premio de guión da asociación AGAG no Festival Curtocircuíto de Santiago e en xuño acadou o Prix Festivals Connexio.

n Région Auvergne-Rhône-Alpes, en Francia.

Por outra banda. a Sección Oficial do Urban Action Showcase International Action Film Festival, de Nova York ven de seleccionar a curtametraxe do celanovés Juan Hervella-Rego A fair share para a súa competición. A cinta de acción está protagonizada por Luís Tosar, Isabel Blanco, Ruth Sabucedo e Luis Zahera e xustamente hoxe proxectarase na sección Brigadoom do Festival de Cinema Fantástico de Sitges co seu título orixinal Share o no share e igualmente participou hai uns días na sección oficial do Festival Feratum de México. Hervella-Rego acadou o Premio CREA do xurado á mellor realización no pasado festival de Cans por esta curtametraxe de comedia e acción salvaxe.