Son dÃas de festivais. A Deputación da Coruña acaba de facer públicas as resolucións polas que distribúe un total de 680.640 euros entre 34 eventos musicais, cinematográficos e escénicos que se desenvolven por toda a provincia. Destes fodos, 297.739 van destinados a concellos e apoiarán doce eventos como son o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (100.000 euros) Curtocircuito (84.957), o Festival Carballo Interplay (27.210) ou o Asalto do Castelo de Vimianzo, que leva 14.275. Por outra banda, asociacións sen ánimo de lucro recibirán 382.847 euros para 22 proxectos. Entre estes atópanse citas como o festival da Carballeira de Zas, o Fene Rock, o Feito a Man de Santiago, o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), o Festival de Cinema Fantástico Freakmacine, a Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, o Festigal ou o Festival V de Valadés.
En paralelo, a ConsellarÃa de Cultura anunciaba onte a concesión de 50.000 euros en axudas para apoiar 38 festivais afeccionados de artes escénicas e música por todo paÃs. A VI Semana de Teatro Cómico de Sarria, o Castañazo Rock, o XXII Festival de Bandas de Música de Galicia de Vila de Cruces, a Mostra de Coros Tradicionais de Cantigas e Agarimos ou as XIV Xornadas Culturais O Fiadeiro son algúns dos eventos beneficiados desta liña. O proxecto Gadélica, do Concello de Cervo, é o máis favorecido cunha axuda de 3311 euros.