Nace O Papagaio, unha revista escolar en galego

A Revista Galega de Educación dedica o seu novo número á lingua en educación infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Nace O Papagaio, unha revista escolar en galego

Un xornal en papel orientado a lectores de Educación Primaria e Secundaria, escrito integramente en galego e a toda cor. Esta é a proposta de O papagaio, unha nova publicación mensual que a editorial Moito Conto acaba de presentar. O proxecto achega doce páxinas e dez números ao ano con seccións dedicadas a ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración ou banda deseñada e ofertas especiais para colexios. O primeiro número esta xa dispoñible na rede.

Pola súa banda, a Revista Galega de Educación que publica Nova Escola Galega acaba de lanzar o seu número 65, dedicado de xeito monográfico á situación do galego no ensino infantil. Da man de diferentes especialistas no ámbito, a revista aborda as problemáticas da nosa lingua nesta etapa e presenta distintas iniciativas orientadas á normalización lingüística nos primeiros anos de vida. Marcos Maceira, Nel Vidal, Xaquín Loredo, María Belén Escariz Ferrín, Francisco López ou Marta Besada son algúns dos autores dos textos.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación Infantil, Secundaria, Tecnoloxía, Ciencia...