Nun informe elaborado a instancias das asociacións Cova Crea e Petón do Lobo, o Consello da Cultura Galega emitiu un informe sobre a protección das Covas de Eirós, da Graxeria e da Cabaxa, ubicadas todas no concello de Triacastela (Lugo). O CCG valora a relevancia destes xacementos. "A Cova Eirós, por mor das súas excepcionais condicións de preservación do rexistro, reúne unha serie de valores patrimoniais que o fan único dentro da Prehistoria galega", afirma o informe do CCG, quen establece varias "conclusións-recomendacións" para a súa xestión futura: "deben ser considerados Ben de Interese Cultural, e tendo en conta a situación actual das Covas e as ameazas derivadas da explotación mineira da súa contorna, urxe proceder á súa declaración formal como BIC, que garanta unha acaÃda protección deles e do seu contorno". Ademáis, o Consello da Cultura indica que "en tanto non se procede á declaración formal das Covas como Bens de Interese Cultural, cómpre garantir unha protección cautelar destas. Con este fin, o CCG entende que, á vista do previsto na LPCG, o contorno de protección das Covas debe ser de 200 metros; contorno que vén a coincidir co previsto nas Normas Subsidiarias do Planeamento de Lugo". A institución cultural tamén sinala que é preciso "proceder á urxente rehabilitación da cobertura vexetal no contorno da Cova para
restaurar o réxime hidrolóxico orixinal das augas subterráneas".
restaurar o réxime hidrolóxico orixinal das augas subterráneas".