Xerais edita 6000 copias do catálogo de Agustín Fernández Paz

Prepara reedicións conmemorativas do escritor para este Nadal

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Xerais edita 6000 copias do catálogo de Agustín Fernández Paz

"Agustín forma parte de nós", asegura Manuel Bragado, editor de Xerais, "como editores, o noso maior compromiso e manter a súa memoria literaria e ampliar a comunidade de lectores". Para iso a editorial vén de publicar o catálogo 2016 Agustín Fernández Paz, do que editou 6.000 exemplares que está a repartir en bibliotecas, centros educativos e a persoas interesadas, ademáis de poñerse a disposición do público de maneira gratuíta no vindeiro cultur.gal.

O catálogo é a primeira publicación que Xerais realiza da obra de Fernández Paz trala morte do escritor, que estivo moi vinculado á editorial e na que foi mesmo director da colección Merlín, onde organizaba os títulos por idades aproximadas de lecturas. Proximamente Xerais realizará a edición conmemorativa 100.000 de Cartas de inverno, con ilustracións de Antonio Seijas, celebrando os 100.000 exemplares vendidos desta publicación, e a reedición do seu libro O soño do merlo blanco. "Trátase dunha auténtica reescritura", afirma Manuel Bragado, "xa que o libro foi publicado inicialmente en 1999 pero Agustín tiña unha idea moi testemuñal deste libro".

Para Manuel Bragado, o legado literario de Agustín está na creación de lectores en galego. "El soñaba coa formación do lector literario", sinala Bragado, "e a súa contribución foi decisiva para a construción deses públicos que hoxe existen na literatura galega, desas dúas xeracións que hoxe se incorporan como lectores".

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Manuel Bragado, Nadal, Editores...