Oito autores homenaxean a David Rubín cunha exposición colectiva en Arxentina

Rubinesco (un cadáver tributo) poderá verse no Centro Cultural España Córdoba

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
Oito autores homenaxean a David Rubín cunha exposición colectiva en Arxentina

Realizar unha banda deseñada colectiva co método do cadáver exquisito a partir da obra do ourensán David Rubín. Esta é a proposta de Rubinesco (un cadáver tributo), unha actividade e exposición que se poderá ver a partir das sete da tarde do seis de outubro no Centro Cultural España Córdoba, situado nesta cidade arxentina. O proxecto conta con traballos a cargo dos arxentinos Paula Andrade, Nicolás Brondo, Alfio D’Antona, Hernán González, Gabriel Heredia e Manu Loza, do uruguaio Richard Ortiz e mais a coruñesa Xulia Pisón. Cada un dos participante elaborará un cadriño co que se comporá unha obra común.

A actividade desenvólvese de xeito paralelo ao segundo festival Docta Cómics, no que estará presente o propio Rubín en distintas sesións de sinaturas e nun taller de creación. Ademais, o Centro Cultural España Córdoba acolle tamén desde mañá a exposición Exposición Miguel EN Cervantes. El retablo de las Maravillas na que se poden ver as adaptacións que realizaron Rubín e Miguelanxo Prado da vida e obra do autor do Quixote.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Arxentina, Córdoba, Banda deseñada...