O Centro Cultural de España leva a David Rubín a México

O autor galego impartirá un obradoiro de creación

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Programa de Creación da Identidade e da Creatividade Cultural en Latinoamérica contará cun autor galego de banda deseñada. O Centro Cultural de España en México convidou o ourensán David Rubín a impartir un taller de creación os vindeiros días 27 e 28 de novembro na capital azteca. Co título De la idea a la página; cómo contar una historia a través del cómic o autor amosará en dúas sesións de dúas horas os recursos de as técnicas de creación de banda deseñada. O día 28, Rubín participará nunha mesa redonda co título Abriendo senda. Otras formas de escritura canda ao poeta Gonzalo Escarpa.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, México, Banda deseñada, Obradoiro...