Mariano Casas presenta un duplo volume para o Saló del Còmic

Luces/Farwest inclúe dúas historias

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Mariano Casas presenta un duplo volume para o Saló del Còmic

Un só volume con dúas historias, que se pode ler desde o comezo ou desde o final e que teñen cadansúa capa. Esta é a proposta que achega Mariano Casas con Luces/Farwest ao Saló del Cómic de Barcelona. O volume autoeditado conta con corenta páxinas e poderá adquirirse no posto galego deste evento. A saída de Luces/Farwest coincidirá coa publicación de Mensaxes, obra galardoada co Premio Castelao e que tamén se poderá adquirir neste festival. Para alén, Mariano anuncia a recuperación do seu proxecto Historias del montón, que pretende a creación colectiva de obras de BD na forma de cadáver exquisito. Nesta nova andaina, a proposta sae na forma dun blog onde os interesados poden remitir as súas colaboracións.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariano Casas, Castelao, Cómic, Barcelona

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares