O máxico arrecendo e outras historias, volume que recolle as historias temperás de Fran Bueno, presentarase ao público o vindeiro 23 de abril na librarÃa Couceiro ás 20h da man de El Patito Editorial. A obra sae dentro da Biblioteca Clásicos da Historieta Galega que dirixe Fausto Isorna, e que xa non contará co patrocinio da Fundación Feima. No acto estarán presentes Fausto e mais o autor, e os interesados en adquirir a obra no local durante ese dÃa terán a posibilidade de cambiar dous quilogramos de alimentos polo libro. A comida que se consiga destinarase á ONG ICUS. Ao tempo, a editora anuncia a publicación, de cara ao vindeiro Saló del Còmic de Barcelona, de Mensaxes a obra coa que Mariano Casas se fixo co último premio Castelao de Banda Deseñada. Pola banda, encol da publicación GalimatÃas, que distribúe El Correo Gallego, a editora confirma a vindeira publicación nas súas páxinas das series North Wind de Alex Cal, e mais Hexed de Emma RÃos, que viron a luz en Estados Unidos da man de Boom! Studios.