Pablo Carpintero e Lidia Nieves gañan o XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas

A reconstrucción dunha gaita medieval e un anel valéronlles os galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Gaita recreada por Pablo Carpintero

Gaita recreada por Pablo Carpintero

A reconstrución da gaita que se pode ver na ilustración da cantiga 350 das Cantigas de Santa Maria valeulle a Pablo Carpintero facerse co XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas na categoría tradicional. Este investigador da nosa música elaborou a partir do debuxo medieval unha gaita con dous punteiros e catro bordóns completamente funcional, a mudar as percepcións que existían sobre as gaitas medievais.

Xoguete
Xoguete, de Lidia Nieves

Na categoría contemporánea, a vencedora foi a peza Xoguete de Lidia Nieves Domínguez. A obra consiste nun "anel cunha parte circular plana e oscilante coa imaxe dun navío que evoca o xogo de colocar dúas pequenas bolas en dous buracos". As obras foron seleccionadas entre un total de cento trinta e sete que se presentaron ao certame, que conta cun premio de 4.500 euros por categoría e dispón dun fondo de 10.000 euros para adquirir as obras premiadas. https://bongo.gg

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Quiosco: Anuario da Gaita 39

Xa está na rede e inclúe unha investigación sobre a gaita romanesa e correspondencia entre gaiteiros ancareses

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, Pablo Carpintero, Debuxo, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos