Os presidentes de Zeltia e Pescanova comparten o premio Galego do ano 2000

Unha vez ó ano...

Desde hai doce anos o clube de xornalistas galegos que viven en Madrid concede un premio anual que pretende recoñecer a traxectoria profesional e o labor de mecendo cultural dun empresario galego. Este ano o galardón foi compartido polos irmáns Fernández Sousa-Faro, que son os presidentes de Zeltia e Pescanova pola traxectoria internacional destas dúas empresas galegas.

Un galardón cada ano


Á lista dos galardoados co premio Galego do ano 2000, engádenselle este ano os irmáns José María e Manuel Fernández Sousa-Faro, presidentes, respectivamente de Zeltia e Pescanova. Con este premio pretendeuse destacar a traxectoria destas dúas empresas pola súa proxección internacional e a súa sólida aposta sen perder a súa condición de galegas. Ademais, o Club de periodistas galegos tamén quixo destacar o labor de mecenado que desenvolve de xeito continuado a familia Fernández.














Acto tradicional


Ó acto de entrega do galardón asistiron unhas duascentas persoas entre as que destacou a presencia do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga e a do presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, así como personalidades destacadas do mundo cultural e empresarial galego.
No acto de entrega, o presidente da Xunta destacou o esforzo que desenvolveron os irmáns Fernández Sousa dentro da modernidade de Galicia dos últimos anos co seu apoio a proxectos de iniciativas de carácter cultural.
O "laudatio" que vén sendo habitual correu a cargo do presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, quen rendeu unha homenaxe á saga familiar, que comezara co avó dos dous empresarios.