Nordeste é o tÃtulo da obra coa que Daniel Asorey se impuxo no X Premio de Narrativa Breve Repsol 2016. O xurado fixo público esta mañá o fallo que lle outorga o galardón a esta novela, unha narración ambientada nunha ucrónica República Galega que posúe colonias no actual Brasil. A acta salienta "o sobresaÃnte acabado estilÃstico destas páxinas, inzadas de poderosas imaxes e sÃmbolos ben atraentes, que conseguen fascinar tanto pola evocación coma pola recreación de paisaxes e escenarios". Do mesmo xeito, destacou aa "intensa capacidade de fabulación, suxestiva amálgama de tempos e espazos asà como unha atractiva arquitectura do relato".
Marcos Calveiro, gañador da edición anterior, Euloxio Ruibal, en representación da Real Academia Galega, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, como representante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Armando Requeixo, nomeado pola SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, e Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia, foron os responsables da selección. O premio, organizado pola Fundación Repsol coa colaboración da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica está dotado con 12.000 euros en metálico e inclúe a publicación da obra pola editorial Galaxia.