Co lema Erguendo pontes literarias esta mañá bota a andar en Ourense o 82 Congreso do Pen Club Internacional. A iniciativa que coordina a delegación galega da organización reúne na Cidade das Burgas un total de 250 escritores de diferentes paÃses do mundo e achega un intenso programa. Mesas redondas, presentacións, relatorios e actividades teatrais e literarias ocuparán a cidade ata o vindeiro 2 de outubro. Entre os convidados, nomes como Claudia Piñeiro, Yolanda Castaño, Manuel Rivas, Laura GarcÃa Lorca, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, Nélida Piñón, Eric Lax, Paco Audije, Adam Michnik, Rui Madeira, António Barroso ou Luis GarcÃa Montero. Como feche do encontro, o 1 de Outubro a Cidade da Cultura, en Compostela, acollerá a Homenaxe a Anna Politkovskaya e mais entrega dos Premios RosalÃa de Castro a Almudena Grandes, Dina Salustio, Mariasun Landa e Alex Susanna.
Programa do Congreso PEN 2016.