Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. AÃnda. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. O escritor Diego Ameixeiras asina o texto de Get Back a estrea da compañÃa teatral Emedous que mañá inaugurará a súa xira en Narón. O realizador Jorge Coira pásase nesta ocasión ao eido teatral para dirixir un elenco de dúas actrices e d tres actores que interpretarán a estes "londoners" que se atopan no transporte da capital británica. Segundo Coira "Get Back é un momento no que se para a vida durante unha hora e media e cinco personaxes que cada un ten a súa historia, que cada un ten o seu conflito, a súa crise pequena ou grande terá un momento para parar, poñela en conflito cos demais e aprender algo da vida".
Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro dan vida a unha panoplia de personaxes entre os que hai unha bióloga buscando a vida cun traballo de camareira, un empresario que leva tempo afincado na “City”, un informático buscando a súa oportunidade e un londiniense. O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación na que tamén interveu o xornalista e escritor Camilo Franco sobre os galegos que viven na capital británica e que se dan a si mesmos o nome de "londoners". A obra que se estrea este venres no Pazo da Cultura de Narón estará de xira ata finais de xaneiro e pasará por Vigo, As Pontes, Pontevedra, Ourense, Santiago e Coruña.