Múltiplos lanzamentos de fanzines amosan o pulo da nova BD

Fausto asina unha banda deseñada sobre a Fundación Cela

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Puño 1

Capa de Puño 1

O Autobán, cita paralela a viñetas desde o Atlántico, conseguiu concentra un ano máis os lanzamentos da autoedición de banda deseñada en Galicia. Logo daquel evento, está a se presentar en diferentes librarías e espazos do país a colleita do verán. Entre os máis recentes destacan a nova entrega de Pictodiario de Urbanoscar, Espejismos de Isaac Amboage, ou Diario dun debuxante de Ismael López Arias. Cruel y Estúpido Vol. 4 de Rober M. Soler, El Gato Lunar de Perrilla, ou novo traballo de Debelius, Gresca #0, son outros lanzamentos individuais recentes. A nivel grupal, apareceron novas cabeceiras como Puño, e continúan a súa andaina Hermético o fanzine dos alumnos da escola de BD de Pontevedra, que chega á terceira entega, e Altar mutante, xa no número 4. Desde Ourense, Foster Edicións presentou os volumes Opocalipsis, de Jijo Limón, Amor orgánico, de Pepe Mansilla e a quinta entrega do fanzine Finnegan's

En paralelo a estes lanzamentos, El Patito Editorial, co apoio da Consellaría de Educación, e do Concello de Padrón, publicou a BD O misterioso guía da Fundación Camilo José Cela. O álbum de Fausto Isorna percorre, da man do propio escritor, os contidos da fundación situada en Iria Flavia.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Viñetas desde o Atlántico, Autobán, Atlántico...