La Banda Negra, a produtora da galega Helena Girón e mais do tinerfeño Samuel M. Delgado está a levar o seu último traballo alén do Atlántico. A curtametraxe Montañas ardientes que vomitan fuego, unha mestura de documental e de cinema experimental, estrearase a nivel mundial o vindeiro nove de setembro no Toronto International Film Festival, considerado o segundo máis importante do mundo logo do de Cannes. Segundo explican os cineastas, o filme parte das teorÃas do cientÃfico do século XVII Athanasius Kircher e propón unha viaxe temporal a través do tubo volcánico da Coroa, na illa de Lanzarote. A cinta continuará o seu percorrido cunha nova proxección no coñecido New York Film Festival a comezos do vindeiro mes de outubro.