
Pola súa banda, Fendas "é un texto que fala sobre a memoria histórica contrapoñendo o máis escuro do noso pasado co que está sucedendo no noso presente. Amósase quizais con este texto que non están resoltas moitas das cuestións do pasado, que é preciso e oportuno traer aos nosos dÃas". Ademais, "o texto ten unha grande actualidade. Remite ao concepto da vanalidade do mal formulado por Hannah Arendt, que expresa a xustificación dos feitos tráxicos sen querer asumir responsabilidades persoais e respondendo con exclusiva complicidade á autoridade".
O xurado estivo composto polas actrices Marta Pérez e Iria Sobrado, a dramaturga Esther Carrodeguas, a concelleira de Cultura de Ribadavia MarÃa López e mais o director da MIT, Roberto Pascual. O galardón está dotado con 3.000 euros e unha estatuÃña do artista Manuel RodrÃguez. Ademais, o concello poderá promover a montaxe dos textos gañadores a través da Mostra de Teatro.