Sae á rúa o segundo número do fanzine Sintoteca, un dos máis innovadores de Galicia

Sintoteca nº2: Arredor da electrónica

4/2/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
28 lecturas | Compartido 0 veces
En febreiro de 2002 comeza a distribución do segundo número desta innovadora publicación, fortemente relacionada coas novas tecnoloxías e a música electrónica.
La Sintoteca é unha iniciativa dirixida por Jano Viñuela que toma como punto de partida o programa radiofónico homónimo de CUAC FM (a emisora universitaria brigantina) que conducen Anxo Cuba, Coco e Mglon.



O segundo número da Sintoteca contén traballos de Jano, Diego Blanco, Bernal, Alberto Vázquez e Kike Benlloch (todos eles membros da Polaqia), xunto con obras de outros creadores da Facultade de Belas Artes de Pontevedra como Brais, Nieves, Miguel Porto, ou Roke.



O formato físico de La Sintoteca nº2 é de 56 páxinas en tamaño A5, encadernación grampada, e leva unha sobrecuberta transparente de acetato. Conta cunha coidada maquetación de Jano e Anxo Cuba que se aproveita da característica textura que resulta da reproducción por fotocopia. A publicación componse de banda deseñada (de Jano, Coco, Diego, Bernal, Alberto...), textos (de Mglon, Alfonso, Kike, Iván, Roke...), e ilustración (de Porto, Nieves, Anxo, Kike...).



O que fai destacar este fanzine entre os seus conxéneres é que no prezo de portada (2 euros) se inclúe un CD de música electrónica -encadrable no xénero "dark ambient"- que reproduce 12 pistas de son, recompilando traballos de Mglon, Autoy, 1=0 e Trajedesaliva. O CD vai nunha caixa contida nas páxinas centrais do fanzine ilustradas por fotografías de Javier Varela.



A eclosión de fanzines promovidos desde A Coruña durante a década dos 90 asociouse ó movemento underground e a unha extensa serie de autores destacados. Varios deles como Bernal, Anxo Cuba e Jano contribúen agora a este fanzine.



La Sintoteca é unha publicación ligada a Sin Fé, un colectivo de creación dixital da Coruña coordenado por Iván López Gimeno e Anxo Cuba.

Universo culturagalega.gal

07/04/2010

Quiosco: E_scena 44

As últimas coproducións do CDG abren o número 44 do Boletín de distribución electrónica

30/11/2009

Quiosco: Viralatas 4

Música electrónica en Galicia, os Arctic Monkeys e Nano 4814 protagonizan este número

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego