Despois dunha década sen publicar ningún libro novo, Prado prepara novos proxectos.

Os proxectos (case) secretos de Miguelanxo Prado

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Tras unha década sen sacar álbum novo e tres anos despois do fracaso de "Elipse", o autor coruñés embárcase en novos proxectos.

Estação Central, Belo Horizonte
Estação Central, Belo Horizonte

En primeiro lugar está en marcha un álbum con guión do francés Pierre Christin que verá a luz dentro da colección "Les correspondences" da editorial francesa Dargaud.


Miguelanxo participará onda Moebius, Milo Manara, Miguelanxo Prado, Liberatore, Barron Storey e Bill Sienkiewicz nun álbum escrito por Neil Gaiman e no que cada un destes autores aportará a súa visión sobre un dos Eternos creados polo guionista inglés autor da celebérrima serie "Sandman" Prado realizará unha historia de vinte páxinas para este álbum colectivo.



Ademais, está en desenvolvemento un libro propio que editrá Albin Michel e outro realizado integramente por el sobre a cidade brasileira de Belo Horizonte que verá a luz editado polo Colexio de Arquitectos de Galicia dentro do seu "Proxecto Terra".



Ademais, Miguelanxo ten manifestado a súa intención de editar o material do segundo número de "Elipse" que ficou inédito, sen que ata o de agora se teña concretado a fórmula para realizar este proxecto.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Guión, Colexio de Arquitectos de Galicia