O pintor noiés José Luis Veiras Manteiga está a expor na casa da cultura de Porto do Son as planchas orixinais do álbum "A morte de Ith" que editou en 1999 a Deputación da Coruña dentro da colección "Folgar de Brigantia".
A mostra, baixo o tÃtulo de "Comics" recolle a portada e corenta e nove páxinas a cor desta banda deseñada. O autor xa realizara previamente unha versión en branco e negro que non chegou a ver a luz.
O álbum mestura lendas e tradicións do paÃs cos mitos célticos da orixe de Galicia, retratando costumes coma o da queimada ou o a rapa das bestas.
Manteiga realizou estas páxinas en 1993 aÃnda que non esta a súa primeira experiencia no campo da banda deseñada. Segundo el, durante os abondosos anos en que residiu en Francia realizou outra banda deseñada sobre os guerrilleiros e os fuxidos da posguerra española que viu a luz nunha revista francesa.
A edición de "A morte de Ith" distribuiuse integramente, segundo o seu autor en bibliotecas e públicas e colexios. Actualmente o autor está a realizar o seu traslado a Galicia desde Francia, e agardamos ter novas do seu traballo na BD proximamente.