O proxecto BD Banda continúa medrando: preséntanse unhas xornadas en Pontevedra e o segundo número da revista, con máis páxinas, máis autores e un novo deseño.
E unha semana máis tarde, o 17, poñense en marcha as Xornadas BD Banda - Concello de Pontevedra, o primeiro evento dedicado á novena arte que se celebra na Cidade do Lérez.
Segundo sinala Kiko da Silva, estas non pretenden ser unha xornadas sobre Banda Deseñada de tipo xeralista, senón que pretenden xirar principalmente arredor da propia revista, traendo a autores que participan nela dalgún xeito, mostras dos traballos editados ou actividades que teñan algún tipo de relación coa revista.
O programa será o que segue:
Luns 17 Inauguración oficial das xornadas.
Martes 18: Presentación e venda de BD Banda nº2
Mércores 19: Presentación do soportal Banda Deseñada de culturagalega.org
Xoves 20: Mesa redonda: "A autopublicación en Galicia", cos promotores de "BD Banda", Polaqia e outros proxectos de autoedición.
Venres 21: Charla sobre BD galega, "De Frente Comixario ós nosos dÃas" no que participarán varios dos antigos compoñentes deste colectivo, que colaboran na realización de "BD Banda".
Ademais, haberá diariamente obradoiros gratuitos de banda deseñada. O primeiro deles, "Iniciación á BD", está dirixidos a rapaces e rapazas de entre sete e doce anos e desenvolverase de luns a venres entre as seis e as sete e media da tarde.
Os mesmo dÃas, pero entre as seis e media e as oito da tarde realizarase o obradoiro "BD contemporánea", para interesados que superen os doce anos de idade.
Todos os dÃas e no mesmo marco das xornadas, poderá verse unha mostra de orixinais que inclúe traballos publicados nos dous números de "BD Banda", e obras do autores de Polaqia, moitos dos cales tamén participan nesta revista. Tamén poderá verse a mostra dos álbumes "Ciencia para todos" editados polo Consello da Cultura Galega.
O local, situado en plena zona vella da capital pontevedresa, poderá visitarse entre as seis e as nove da noite.
Certame BD Banda
Coincidindo coas Xornadas preséntase o primeio Certame "BD Banda" que pretende descubrir talentos novos ou descoñecidos para a BD galega. A este certame poderá concorrer calquera autor que teña ata trinta anos con obras en galego, realizadas con calquera técnica e que non superen as seis páxinas de extensión. A data lÃmite de entrega é o vindeiro trinta de marzo, e establécense tres premios en metálico de cen, setenta e cinco e cincuenta mil pesetas eoutros trea accésits que verán os seus traballos editados. O fallo do certame farase público o dezasete de maio do ano 2002, concidindo co primeiro aniversario da revista. Os traballos gañadores aparecerán publicados no BD Banda número tres, que ten prevista a súa publicación para esas datas. Os orixinais deben enviarse a
Certame BD Banda. Concello de Pontevedra. ConcellerÃa de Cultura. Praza de España S/N C.P. 36002, Pontevedra.