O Día das Letras realízase en Pontevedra a presentación do terceiro número da revista "BD Banda".

BD Banda III: A historia continúa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Día das Letras realízase en Pontevedra a presentación do terceiro número da revista "BD Banda", que conserva o formato do número 2: formato A4, moitas páxinas a cor, e encadernación en espiral.

BD Banda 3
1/6
BD Banda 3
2/6
BD Banda 3
3/6
BD Banda 3
4/6
BD Banda 3
5/6
BD Banda 3
6/6

O Día das Letras realízase en Pontevedra a presentación do terceiro número da revista "BD Banda". Será ás doce da mañá na praza da Ferrería, no espacio destinado á venda de libros que se instalará neste lugar. Durante a tarde tamén haberá sinaturas da revista por parte dalgúns dos autores que aportaron os seus traballos á mesma.


O número tres de "BD Banda" contén máis de setenta páxinas que recollen traballos de Kike Benlloch e Bernal, Jano, Marcos Calo, Chaler (presentando a súa personaxe Garriga) e outro histórico de Frente Comixario, Tito.
Continúan ademais as series de "Senén Pedralonga", realizada por Kiko da Silva e Manel, "León Buenaventura" de David Rubín e "Os Cabezóns" de Robledo, serie que remata neste número a súa primeira entrega.


Por se fose pouco poden lerse tamén os dous traballos gañadores no I Certame de Banda Deseñada en Internet BD Banda-Culturagalega.org, un texto de Henrique Torreiro sobre o manga e unha reportaxe de Xermán Hermida sobre o colectivo Xofre, presentando ademais os últimos traballos de Xan López Domínguez, Miguelanxo Prado e Fran Jaraba.
Como agasallo, este número inclúe unha separata cos seis traballos que resultaron premiados no I Certame BD Banda-Concello de Pontevedra. O anuncio dos gañadores farase o día 17 durante a presentación da revista ós medios. Será na semana seguinte cando se realice a presentación pública da revista cunha festa.
O prezo será de mil cincocentas pesetas, e a tiraxe acadará nesta ocasión ós mil cincocentos exemplares. A portada deste novo número foi realizada por David Rubín.
Ademais da revista, "BD Banda" tren previsto estrear a súa web a finais de mes no dominio bdbanda.com. Na web tamén se desenvolverá un foro xenérico sobre a novena arte aberto a todos os afeccionados.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, David Rubín, Kike Benlloch, Kiko da Silva...