Vigo estrea festival de poesía

Poemaria celébrase os días 24 e 25 de xuño

23/6/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un novo festival de poesía aterra na axenda cultural do país. O Concello de Vigo e mais a Deputación de Pontevedra organizan Poemaria 2016 na Cidade Olívica. Autoras e autores do país como Chus Pato, Elvira Ribeiro, Silvia Penas, Isaac Xubín, Iolanda Zúñiga, Ismael Ramos, Alexia Dotras ou Miguel Alonso Diz participan no programa canda a voces do panorama ibérico como Itziar Mínguez, Víktor Gómez e María Ramos. Ademais de recitais, proxectarase o filme Ouveo e haberá obradoiros para os máis novos nos que a lírica se conectará cos contos ou dos debuxos. Keith Payne e Patricia Sánchez dirixen esta nova iniciativa que ten como eixe visibilizar o traballo das mulleres no campo poético.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito