Os Premios Fouciño achegan o cinema galego ao rural da Costa da Morte

O Museo do Pobo prepara a XI Mostra de Cine Etnográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Os Premios Fouciño achegan o cinema galego ao rural da Costa da Morte

Baio, na Costa da Morte, estrea mañá e pasado cita audiovisual. Os Premios Fouciño - Festival de Cinema amosarán no auditorio municipal, casas particulares, barberías ou adegas unha selección de curtametraxes, webseries e producións cinematográficas do país. O evento inclúe tamén obradoiros e encontros con creadores como Jorge Coira, Xacio Baño, Fran Estévez ou Alfonso Míguez. O auditorio municipal achegaba onte un adianto do programa coa proxección do documental Feísmos? e continúa hoxe cunha sesión de Fíos fóra.

De xeito paralelo, o Museo do Pobo Galego está a desenvolver en Compostela as actividades previas á XI Mostra Internacional de Cine Etnográfico. Deste xeito, o centro acollía onte unha presentación do Festival de Cinema Rural Carlos Velo e a pasada semana realizou un pase do documental Patrimonio Habitado sobre o Xurés. Para o día 8 está prevista a actividade Relatos transversais, que explora diferentes narrativas sobre o propio museo. Será entre o 13 e o 18 de xuño cando se proxecten no Salón Teatro, no Teatro Principal e no Museo os 20 filmes seleccionados entre os 142 que se presentaron a concurso. Entre estes poderán verse producións galegas como Fíos fóra, Tesouro de Corcoesto, A Seara ou Os días afogados. Raquel Rei, do colectivo As Candongas do Quirombo, foi a responsable de elaborar a curta promocional do evento deste ano.

11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico - Raquel Rei from Museo do Pobo Galego on Vimeo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Morte, Costa da Morte, Documental...