Compostela e Vigo teñen a partir de mañá cadansúa cita cinematográfica. AsÃ, na capital galega o Museo do Pobo Galego acolle ata o dÃa seis a décima edición da Mostra de Cine Etnográfico, cun programa no que se dá unha ampla presenza galega. Directores como Xacio Baño, Marcos Nine, Rubén Pardiñas, Chispón ou Eloi Inciso comparten pantalla con filmes premiados no festival Espiello e cunha selección de obras do Chanfaina Lab de San Sadurniño. En paralelo, a Cidade OlÃvica acolle ata o dÃa sete a cuarta Primavera de Cine. Un total de 55 filmes e videoclips amplÃan a oferta deste evento, entre os que se inclúe unha mostra de producións lusófonas. Ademais, no marco do encontro, a organización entregaralle un premio honorÃfico a Sarabela Teatro polo seu traballo.
Programa da Mostra de Cinema Etnográfico.