María Xosé Queizán protagonizará o III Día das Galegas nas Letras

A plataforma A Sega renderalle homenaxe o vindeiro 15 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
María Xosé Queizán protagonizará o III Día das Galegas nas Letras

A terceira edición do Día das Galegas nas Letras xa ten protagonista. A plataforma de crítica literaria A Sega publicaba esta mañá no seu web o manifesto Je suis... no que reivindica a figura de María Xosé Queizán e sinala esta autora e activista como protagonista desta xeira. "Antes de que fósemos modernas e falásemos do queer ela xa escribira vidas trans, lésbicas, fóra de ningún canon. Antes da reflexión sobre as reescritas ela regresara a Antígona, a Medea. Antes das intertextualidades ela puxera a orella no buraco para escoitar falas doutros lugares. Catou moitas bandeiras pero só para pasalas -con perdón- polo seu soberano cu e seguir sendo irreverentemente quen ela é", sinala o texto. Os actos de celebración desenvolveranse o vindeiro 15 de agosto.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Xosé Queizán, SEGA, Manifesto

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos