Compostela acolle desde onte a quinta edición das Jornadas em Defesa da Lingua. Nesta serie de actividades, organizadas polo Movimento de Defesa da Lingua en colaboración con varios colectivos da cidade, inclúense conferencias sobre a Raia Seca, o histórico Festival de Poesía do Condado e a lingua de signos galega. Durante a fin de semana haberá unha excursión de dous días polo Couto Mixto e polos Concellos Promiscuos e o día dez celebrarase un concerto na NASA.
Máis información na web das jornadas en Radio Kalimero e en Galizalivre.org
