O CGAC inaugura Agrupar_Desagrupar

A mostra súmase Rexistros domesticados, que abriu a pasada semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Simón Pacheco. Sobre el espacio, 2000

Simón Pacheco. Sobre el espacio, 2000

Só unha semana despois de abrir Rexistros domesticados, a mostra que lle dedica a Marisa González, o Centro Galego de Arte Contemporánea abre hoxe unha nova mostra.Agrupar_Desagrupar explora a creación artística do noso país entre o despuntar de Atlántica e o xurdir da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Obras de Jorge Barbi, Carme Nogueira, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente e María Ruido convidan a reflexionar encol do "constituínte común que non era outro que a autoconciencia do feito artístico e da incontrolable contaminación de linguaxes" que caracterizou estes traballos. A mostra, que abre as súas portas ás seis e media desta tarde, poderá verse ata o 19 de xuño.

A coincidir coa inauguración, Pamen Pereira e Isaac Pérez, acompañados dos comisarios da mostra, Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, falarán sobre este proxecto expositivo.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pamen Pereira, Pacheco, María Ruido, Carme Nogueira...