Antoni Socias con TeorÃa e práctica do deserto (do 31 de marzo ao 26 de xuño), Rexistros domesticados, de Marisa González (do 15 de abril ao 19 xuño), a colectiva Agrupar_Desagrupar: rupturas da representación (do 22 de abril ao 3 de xullo), que reúne o traballo de Jorge Barbi, Carme Nogueira, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente e MarÃa Ruido, son as tres propostas coas que o Centro Galego de Arte Contemporánea abre o seu programa no primeiro semestre deste ano. O director do centro, Santiago Olmo, presentaba esta mañá a programación para 2016 en compañÃa do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Entre os eixes das novas propostas están, segundo adiantou, a realización de exposicións conxuntas con outras entidades como son o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, o Centro Andaluz de Arte Contemporáneo de Sevilla e a Fundación Luis Seoane da Coruña.
De cara ao segunda metade do ano agárdase unha mostra con fondos de coleccións públicas e privadas de ámbito estatal (do 16 de xullo ata outubro), unha retrospectiva sobre a austrÃaca Eva Lootz (do 28 de outubro ao 12 de febreiro) e unha exposición centrada no universo creativo deBerta Cáccamo, en colaboración coa Fundación Luis Seoane, que se poderá ver do 4 de novembro ao 15 de xaneiro de 2017.
Dosier da programación do CGAC para 2016.De cara ao segunda metade do ano agárdase unha mostra con fondos de coleccións públicas e privadas de ámbito estatal (do 16 de xullo ata outubro), unha retrospectiva sobre a austrÃaca Eva Lootz (do 28 de outubro ao 12 de febreiro) e unha exposición centrada no universo creativo deBerta Cáccamo, en colaboración coa Fundación Luis Seoane, que se poderá ver do 4 de novembro ao 15 de xaneiro de 2017.